Acto de fala – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Acto de fala

Categoría:

Unidade básica da comunicación lingüística que implica, no propio acto do dicir, unha acción. Constitúe o principal obxecto de análise da pragmática.

O concepto procede da chamada Teoría dos Actos de Fala exposta en 1955 por John L. Austin e publicada dez anos despois no volume de ensaios How to do things with words (Como facer cousas con palabras). Para Austin, moitos dos enunciados pronunciados en calquiera lingua non teñene nada que ver coa problemática da verdade ou falsidade semántica (centro ata entón da reflexión lingüístico-filosófica), xa que teñen outras función nos contextos de relación social. As ordes son os exemplos máis significativos, así coma as asercións. Son o que Austin denominou enunciados performativos. Pola contra, os enunciados constativos son aqueles nos que se pode comprobar a súa veracidade ou falsidade a través dunha constatación real do feito enunciado (por exemplo, o enunciado “Está chovendo” pode ser verificado observando a rúa desde unha xanela). Na teoría de Austin, un enunciado performativo é, por tanto, un deses enunciados nos que dicir é facer ou que amosa a intención de facer e nos que é imposíbel determinar a relación correlativa entre verdade e mentira, simplemente porque non funciona ao non existir unha relación co mundo exterior á propia linguaxe e porque as condicións para a verdade, logo, non poden ser determinadas. Así, un enunciado performativo, en función de unas determinadas condiciones de éxito (felicity, en los términos de Austin) que tienen que ver con que lo enuncie la persona adecuada, en el contexto adecuado y con un efecto convencional, abarca el mismo acto que enuncia. Así, non será un enunciado performativo “Eu móvome”, pero si “Prometo ir verte hoxe”, pois o acto de prometer está cumprido no mesmo momento de dicilo. Non importa se unha persoa cumprirá ou non a súa promesa, senón que interesa a acción mesma de prometer a través da palabra. Austin conclúe, ademáis, que todo enunciado conleva a escenificación simultánea de tres tipos de actos: locutivos, nos que, simplemente, se di algo; ilocutivos, nos que o acto se realiza dicindo; e perlocutivos, nos que o acto de fala ten implicacións que van alén do significado estrito e constitúen a base da linguaxe metafórica e da manipulación estética da comunicación humana. É dicer, existe unha orde enunciativa pola que uns actos dan lugar a outros. Así, haberá que ter en conta o acto locutivo en sí como procedemento fonolóxico e psicolóxico determinado polas normas físicas da persoa falante e lingüísticas do idioma; seguido do acto particular presente no dicir, ou a enunciación das palabras nun contexto determinado; e finalmente, o acto perlocutivo ou os actos que o enunciado implica na persoa destinataria.

John Searle, herdeiro directo das teorías de Austin no seu libro de 1969 Speech Acts (Actos de fala). Para el, a esencia mesma da linguaxe son actos de fala suxeitos a situacións (dar ordes, facer promesas, afirmar cousas…) e construídos a partir de determinadas regras que rexen tamén a súa utilización. Así, cada enunciado lingüístico será tamén un acto concreto que ten consecuencias ou modifica a situación interlocutiva.

Desde este punto de vista, o teatro basea a súa condición pragmática na performatividade, xa que, como discurso de ficción baseado na palabra dita e na representación dun acto de comunicación (que á súa vez constituiría a mensaxe dirixida ao público), tampouco acepta as leis da verificación lingüística. Asemade, o teatro posúe tamén unha perlocutividade implícita debido ao seu carácter ficcional e simbólico, cuxo sentido pleno, en última instancia, vai dirixido á audiencia.

O teatro xoga de modo especial cunha sobremarcación dos aspectos habituais na conversa ordinaria, co fin de que os matices en escena sexan captados desde o patio de butacas. Por exemplo: a pregunta “¿Ten hora?”, na realidade expresaría primariamente un desexo de saber que hora é por parte da persoa que pregunta e agarda unha resposta do tipo “Son as dez”, a pesar de que secundariamente sexa unha pregunta que podería ser respostada afirmativa o negativamente. Pero no teatro, a diferenza da vida real, unha resposta de tipo “Si” ou “Non” (sen máis), tería importantes consecuencias na definición xenérica da obra como comedia o mesmo como teatro do absurdo.

Sobre todo, o teatro xoga cun aspecto fundamental que se tivo en cuenta nas derivacións posteriores da Teoría dos actos de fala: estes funcionan, na práctica, inmersos nun contexto e nunha secuencia de actos encadeados por relacións causa-efecto. Isto está no cerne da comunicación teatral como acto de representación e mais na elaboración aristotélica do argumento.

Relacionado con