Encyclopedia – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Kabuki

Xénero teatral xaponés que se remonta a finais do século XVI e que apareceu como unha versión laica das danzas budistas. Os argumentos habituais do kabuki son enredos amorosos entre o samurai e a cortesá. Ademais das obras de tema popular, tamén existen as de carácter histórico. É moi característico pola utilización de maquillaxe facial e ás veces corporal e pola mestura da danza, a música e o recitado.

Kathakali

Xénero teatral de orixe aristocrática que xorde no século XVII na rexión de Kerala, no surleste da India.

Kerkides

Sectores, divididos entre si por escaleiras, en que se distribúe no theatron.

Kiogen

Xénero teatral xaponés cuxo nacemento se rexistra no século XIV e que se presentaba como un interludio entre os actos do teatro noh coa finalidade de distensión. Trátase dunha comedia, sátira ou absurdo de carácter popular.

Ko-dogu

Vid. Kabuki  

Koilon

Grada ou “lugar desde onde se ve”, isto é, a área na que senta o público.