É un xénero escénico que xorde en Francia no S. XVI, importado dende Italia por Catarina de Medici, raíña consorte de 1547 a 1559, mecenas das artes e de espírito humanista. Combina música, danza, poesía e pantomima e foi un dos sinais de esplendor da corte francesa en espazos cortesáns, xardíns e pavillóns transformados con grandes escenografías onde antes se practicaba o xogo de pelota.