Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Ballet de corte

É un xénero  escénico  que xorde en Francia no S. XVI, importado dende Italia por Catarina de Medici, raíña consorte de 1547 a 1559, mecenas das artes e de espírito humanista. Combina música, danza, poesía e pantomima e foi un dos sinais de esplendor da corte francesa en espazos cortesáns, xardíns e pavillóns transformados con grandes escenografías onde antes se practicaba o xogo de pelota.

Butoh

Danza xaponesa de grande expresividade e rechamante poder visual, debido aos corpos dos bailaríns en tensión, espidos e pintados de branco.

Espectáculo

Forma de exhibición que, na súa modalidade artística, dá lugar aos distintos tipos de artes escénicas ou da representación: teatro, danza, ópera, circo, etc. Tamén son espectáculos, pero non artes escénicas, as actividades que implican a copresenza dun público que observa unha acción exhibida (deportes, ritos, accións colectivas, etc.).

Texto escénico

Conxunto de signos escénicos que, expresándose a través dos códigos propios da posta en escena, xeran unha unidade de sentido que se identifica coa esencia do espectáculo. O texto escénico ou espectacular, como estrutura do teatro ou da posta en escena, constrúese a través do emprego do signo escénico artellado dun xeito complexo en códigos que […]

Texto espectacular

Vid. Texto escénico