Texto escénico – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Texto escénico

Categoría:

Conxunto de signos escénicos que, expresándose a través dos códigos propios da posta en escena, xeran unha unidade de sentido que se identifica coa esencia do espectáculo.

O texto escénico ou espectacular, como estrutura do teatro ou da posta en escena, constrúese a través do emprego do signo escénico artellado dun xeito complexo en códigos que organizan a súa simultaneidade e multiplicidade, nunha comunicación copresencial na que a emisión se esvaece ao mesmo tempo que é recibida. O texto escénico xera un mundo posíbel cuxa interpretación se realiza por comparación co mundo real que lle serve como referente, tanto desde un punto de vista semántico coma semiolóxico. O texto escénico é a forma de expresión da teatralidade.

 

Para saber máis: De Marinis, Marco (1982) Semiotica del teatro. L’analise testuale dello spettacolo, Milano, Bompiani; Kowzan, Tadeusz (1992) Literatura y espectáculo, Madrid, Taurus; Kowzan, Tadeusz (1997) El signo y el teatro, Madrid, Arco.

Relacionado con