Vid. Circo
Vid. Circo
1. Espectáculo tradicionalmente baseado na exposición de diversos números de risco e habilidade, humor e doma de animais.
2. Edificio ou carpa con gradas e unha parte central circular ou area para a representación de diversos números de malabarismo, acrobacias, equilibrismo, números de pallasos, feras e outros diversos números.
3. Na Antiga Roma, estrutura ao aire libre de grandes dimensións, normalmente en forma ovalada e cunha parte central ou espiña, en cuxos laterais podería haber un contador para as carreiras de cuadrigas ou calquera outra competición. Un dos máis famosos foi o Circus Maximus, con capacidade para cento cincuenta mil espectadores.
Forma de exhibición que, na súa modalidade artística, dá lugar aos distintos tipos de artes escénicas ou da representación: teatro, danza, ópera, circo, etc. Tamén son espectáculos, pero non artes escénicas, as actividades que implican a copresenza dun público que observa unha acción exhibida (deportes, ritos, accións colectivas, etc.).
Vid. Circo
Persoa que desenvolve en escena algunha actividade interpretativa.
Vid. Circo
Conxunto de signos escénicos que, expresándose a través dos códigos propios da posta en escena, xeran unha unidade de sentido que se identifica coa esencia do espectáculo. O texto escénico ou espectacular, como estrutura do teatro ou da posta en escena, constrúese a través do emprego do signo escénico artellado dun xeito complexo en códigos que […]
Vid. Texto escénico