Teatro de obxectos – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Bunraku

Monicreque xaponés e, por extensión, espectáculo de monicreques acompañados por un narrador e un instrumentista.

Estaribel

Plataforma elevada para realizar unha representación na rúa ou nun espazo público.

Máscara

Prótese elaborada mediante diversos materiais segundo a época, como madeira, pasta de liño, pasta de papel ou plástico, que oculta total ou parcialmente a faciana da persoa que a leva.

Sombras, Teatro de

Técnica e xénero teatral que consiste na representación de historias empregando figuras que se manipulan detrás dunha tea, que se ilumina pola parte oposta ao público.

Texto escénico

Conxunto de signos escénicos que, expresándose a través dos códigos propios da posta en escena, xeran unha unidade de sentido que se identifica coa esencia do espectáculo. O texto escénico ou espectacular, como estrutura do teatro ou da posta en escena, constrúese a través do emprego do signo escénico artellado dun xeito complexo en códigos que […]