Encyclopedia – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Oco de indeterminación

Lugares sen significado que a persoa receptora enchería de contido en virtude do resto de significados.

Ollo do príncipe

Termo co que se coñece o punto de vista ideal do teatro á italiana, aquel que permite observar con total corrección a escenografía en perspectiva.

Ombros

Partes laterais do escenario que permanecen ocultas á vista do espectador, sobre todo cando a área de actuación está aforada.

Onkos

Na máscara helenística, especie de arco que imita o cabelo.

Onnagata

Vid. Kabuki  

Ópera chinesa

Tipoloxía escénica de gran popularidade que se practica dende a dinastía Tang, co emperador Xuangzong (712 – 755 d. C.), fundador da primeira compañía de teatro coñecida da China. Existen máis de trescentas variedades, sendo a máis coñecida a ópera chinesa de Pekín, unha das máis representativas manifestacións culturais do país.

Ópera cómica

Tipo de xénero cómico musical francés que xorde por imitación dos intermezzi italianos e no que destacou o compositor Pergolesi.

Opereta

Vid. Ópera cómica

Orquestra

Área circular do theatron onde se sitúa a thymelé ou altar para o culto a Dionisos e onde actuaba o coro.

Ostensión

Vid. Comunicación teatral