Ópera cómica – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Ópera cómica

Categoría:

Tipo de xénero cómico musical francés que xorde por imitación dos intermezzi italianos e no que destacou o compositor Pergolesi. Tamén está vencellada á ópera buffa que xorde en Italia no s. XVIII en contraposición aos temas mitolóxicos ou históricos da ópera seria, ao Singspiel alemán ou á zarzuela española. Ata fins do século XIX tamén se coñecía como operetta ás obras con diálogo falado, música e bailes, de ton lixeiro, románticas e non necesariamente cómicas e a partir desa época tamén recibirían nalgún caso a denominación de óperas cómicas.

Algúns compositores que destacaron neste ámbito, con pezas satíricas moi de moda no momento son Offenbach (1819-1880) en Francia ou a colaboración artística do libretista Gilvert (1836-1911) co compositor Sullivan (1842-1900).

Vid. Ópera.

 

Relacionado con