Encyclopedia – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Teatralidade

Propiedade esencial do teatro. É o especificamente teatral, aquilo que outorga a condición de teatral ou escénico e que está necesariamente presente nas artes escénicas pero pode aparecer eventualmente noutras manifestacións humanas outorgándolles así a condición de teatral.

Teatro

Discurso de vocación estética no que un conxunto de emisores emiten unha mensaxe que é ficción ou artefacto artístico formado por signos icónicos, múltiples e simultáneos, ante un auditorio pluripersoal que é copresente ao acto de emisión.

Teatro á italiana

Modelo arquitectónico teatral que, seguindo unha disposición enfrontada entre escenario e público, diferencia claramente entre eses dous ámbitos e emprega elementos estruturais específicos que os caracterizan. Así, o escenario sepárase da sala a través do marco de embocadura, ao tempo que a sala, en forma de ferradura, semicírculo ou semióvalo aberto cara ao escenario, posúe zona de patio de butacas e palcos organizados en diferentes andares.

Teatroloxía

Marco disciplinar amplo e heteroxéneo que alberga as diferentes disciplinas de coñecemento arredor das artes escénicas nas dimensións teórica, tecnolóxica, metodolóxica e práctica, así coma as disciplinas artístico-escénicas propiamente ditas.

Temor

Vid. Horror

Teoría das artes escénicas

Vid. Teoría teatral

Teoría teatral

Disciplina de coñecemento que estuda a teatralidade en todas as súas manifestacións, propoñendo métodos e conceptos para a súa definición, análise, explicación, descrición, interpretación e crítica.

Terror

Vid. Horror

Tertulia

Vid. Curral de comedias

Texto dramático

Conxunto de signos lingüísticos que xeran unha unidade de sentido na literatura dramática. O texto dramático, como estrutura do drama ou literatura dramática, constrúese a través da dobre enunciación como artificio que permite diferencialo doutras modalidades literarias, así coma dotar dun sentido a súa suposta finalidade escénica, de tal xeito que os parámetros espazo temporais […]

Texto escénico

Conxunto de signos escénicos que, expresándose a través dos códigos propios da posta en escena, xeran unha unidade de sentido que se identifica coa esencia do espectáculo. O texto escénico ou espectacular, como estrutura do teatro ou da posta en escena, constrúese a través do emprego do signo escénico artellado dun xeito complexo en códigos que […]

Texto espectacular

Vid. Texto escénico

Texto secundario

Vid. Didascalia

Theatron

Termo grego (θέατρον) que significaba “lugar para ver” e que pasou a denominar os teatros gregos tal como se formularon inicialmente.

Trama

Vid. Argumento

Trámex

Vid. Grella  

Transdución

Proceso de transformación dun tipo de texto noutro expresado a través duns signos de natureza diferente do primeiro.

Tres unidades, Regra das

Precepto propio do clasicismo formulado con intención de garantir, na elaboración da literatura dramática, o respecto á interpretación normativa da Poética de Aristóteles do século XVII. Así, partindo da importancia dada por Aristóteles á unidade de acción, estabelécese a necesidade de respectar as unidades de tempo e de lugar.