Tabernáculo – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Tabernáculo

Categoría:

Do latín tabernaculum significa “tenda”, e refírese ao santuario ou espazo en forma de tenda onde se garda o sagrado tanto na tradición xudea coma na cristiá. Por extensión, o tabernáculo é, dende a igrexa románica, o espazo central con forma de tenda significada nunha cúpula en que se cruzan os brazos da cruz latina que fai a súa planta. É nese lugar onde ten lugar a liturxia como representación.

Anne Surgers fai fincapé na idea de que, etimoloxicamente, “tabernáculo” e “escena” aluden ao significado de “tenda en que se garda o sagrado”, un significado relixioso que se vincularía co propio vínculo místico e transcendente do teatro como manifestación cultural en Grecia e no mundo medieval, convertendo a manifestación escénica (teatro coma “o que é visto”, idea presente tamén no grego théatron) nunha forma de desvelar misterios e visións e atinguir un estado de sabedoría mística relacionábel coa catarse.

Relacionado con