Skené – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Skené

Categoría:

Do grego σκηνή, que significaba “tenda” ou “cuberta”, a skené é á zona do theatron grego onde se realizaba a ficción teatral. Constaría dun estrado (proskenion) e unhas construcións a cada lado (paraskenia) que agacharían a maquinaria escenotécnica. A través do vocábulo latino scaena, o termo chega a nós como escena.

Anne Surgers indica que a skené grega tamén denominaba a cuberta do sagrado nos templos, de onde procederían os tradicionais palios e a estrutura do tabernáculo propio das igrexas cristiás. A autora vencella esa referencia relixiosa na propia etimoloxía ao vínculo inicial da traxedia grega coa festa dionisíaca e á posterior evolución na igrexa medieval (tabernaculum en latín significa “tenda”) como espazo con utilidade escénica, nun sentido simbólico relixioso semellante ao da antiga Grecia.

 

Relacionado con