Do grego πάροδος, co significado de “entrada”, é un termo con aplicacións tanto na arquitectura coma na estrutura da traxedia clásica.
- É o espazo de paso (adoitaban ser dous, os parodoi, un a cada lado da orquestra), por diante da skené. Por eles entraba o coro en escena. (Vid. Ilustración no termo “Theatron”)
- É a parte da traxedia grega que segue ao prólogo, na que o coro intervén por primeira vez facendo referencia aos elementos esenciais do argumento, segundo a Poética de Aristóteles.
Relacionado con