Pathos – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Pathos

Categoría:

Do grego πάθος, significa “sufrimento” ou “sentimento”.

Aristóteles trata este concepto na súa Retórica, onde se asocia coas técnicas destinadas a emocionar o oínte, por contraposición ao ethos, ou ensinanza moral derivada do discurso. Na súa Poética, o pathos é a capacidade da obra para xerar na persoa espectadora algunha emoción, fundamentalmente mágoa ou piedade. Consitúe a parte na que os personaxes sofren pola morte ou polos propios acontecementos tráxicos, provocando a piedade e a mágoa que conducirán á catarse. Na traxedia, por tanto, o lance patético implica un camiño para lograr que o público se identifique de xeito inmediato coa situación que provoca a dor do heroe.

 

Vid. Lance patético

 

Relacionado con