Mágoa – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Mágoa

Categoría:

Na Poética de Aristóteles, é, canda o horror, unha das emocións que se purgan a través da experiencia estética da traxedia, dando lugar á catarse.

Aristóteles emprega no capítulo XIII da súa Poética o termo éleos (Έλεος) co significado de “piedade” e, como sinala na súa Retórica, refírese con el a un sentimento de dor causado pola observación das desgrazas que lle acontecen a alguén que non as merece e que poderían afectarnos a nós mesmos ou aos nosos. A mágoa, xa que logo, implica a empatía e comprensión que, a través da reconstrución causal do argumento, conduce á identificación co heroe e, por tanto, á purificación da alma a través do recoñecemento catártico desas paixóns.

 

Relacionado con