Na Poética de Aristóteles, é unha das propiedades do obxecto da mímese e un dos elementos formais da traxedia, canda o carácter, o argumento, a expresión, a composición musical e o espectáculo.
O pensamento, segundo explica Aristóteles nos capítulos VI e XIX da súa Poética, ten que ver co discurso do personaxe, isto é, os recursos lingüísticos que lle permiten expresarse e, deste xeito, formular sentenzas e tomar decisións. Neste sentido, Aristóteles atribúe a habelencia para o deseño do pensamento dos personaxes a outras disciplinas do coñecemento, a Política e a Retórica, xa que implica un discurso lingüístico con vocación dialéctica no que o heroe debe transmitir as consecuencias das súas decisións ante os feitos do argumento, a súa conveniencia ou a súa inconveniencia.