Organización e disposición do material semiolóxico tanto na posta en escena coma no texto dramático orientada a xerar un significado complexo que debe ser interpretado polo espectador, espectadora, lector ou lectora. Na análise de espectáculos, atenderase especificamente ese modo de organización co fin de facer explícitos os seus mecanismos compositivos e aportar a través deles unha dimensión crítica da obra.