Disciplina que, a través dunha metodoloxía organizada de comentario, persegue o afondamento hermenéutico nos espectáculos escénicos a través do estudo das fórmulas de significación da obra e mais dos recursos estéticos empregados.
En toda análise de espectáculos combínase un afondamento de carácter temático (historia ou obxecto da posta en escena) e outro de carácter semiótico (discurso), referido á disposición sígnica do espectáculo. Deste xeito, póñense en relación os dous aspectos esenciais da posta en escena, significado (que expresa?) e significante (como o expresa?).