Disciplina que estuda a linguaxe en acción, isto é, como a linguaxe se amosa como medio de intervención sobre o contexto a partir dunha situación na que interveñen unha persoa emisora e unha destinataria constantemente intercambiando os seus roles. Deste xeito, teñen lugar unha serie de actos específicos, realizados por medio da linguaxe, denominados “actos de fala” estudados na Teoría dos actos de fala de Austin e Searle.