Partitura de acción – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Partitura de acción

Categoría:

No Método de Konstantin Stanislavski, enténdese que as accións de todas as escenas constitúen a historia a través da súa organización a través dun esquema artellado ao modo das partituras musicais. Esa partitura que sería un rexistro das accións que guían o personaxe que ha de interpretar a actriz ou o actor implica a secuencia lóxica e causal que xera o sentido xeral que se comunica ao público.

Relacionado con