Presentación muda – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Presentación muda

Categoría:

No Método de Konstantin Stanislavski, improvisación na que as actrices ou actores representan un segmento da obra en total silencio: estabelecen as circunstancias ea s actividades, propoñen unha secuencia de accións físicas e realizan así toda a acción. Nun ensaio normal poderían empregar a palabra, máis na presentación muda hai un interese explícito en estabelecer a dimensión física da escena, procurando conscientemente a naturalidade e credibilidade e fuxindo da pantomima e a esaxeración.

Relacionado con