Subtexto – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Subtexto

Categoría:

No Método de Konstantin Stanislavski, subtexto é todo aquilo que non está explicitamente escrito no texto dramático pero que serve para definir o personaxe e interpretalo na posta en escena.

O subtexto stanislavskiano está agochado entre as palabras e implica todo o que o personaxe pensa ou sente pero que non está expresado explicitamente, aínda que é esencial na interpretación. É así que, segundo Carnicke, o contido do subtexto dedúcese “observando as discordancias entre o que se di e o que se fai, ou nas alteracións na conversa que aparentemente semellan ilóxicas”. A persoa que actúa deberá comunicar ese subtexto a través da linguaxe non verbal xerando os “raios de enerxía” que sustentan a comunicación.

Relacionado con