Código – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Código

Categoría:

Formado por un conxunto de signos individuais e mais polas leis de combinación entre estes, un código é a ferramenta compositiva das mensaxes en todo acto comunicativo, que por tanto debe ser coñecida tanto para as persoas que emiten coma para as destinatarias da mensaxe.

O código específico das artes escénicas ten como unidade básica o signo escénico co que, consecuentemente, comparte as súas características básicas: iconicidade, simultaneidade e copresenza entre a emisión dos signos que os forman e a súa recepción.

Relacionado con