Iconicidade – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Iconicidade

Categoría:

Propiedade dos iconos ou signos nos que, no proceso de semiose, ten lugar unha relación de semellanza entre o signo (significante e significado) e o seu referente.

A iconicidade implica que, para atribuír o significado ao signo, cómpre realizar un exercicio de comparación coa realidade. É por isto polo que todos os textos que empregan a iconicidade como mecanismo de significación son tamén considerados miméticos.

O signo escénico é sempre icónico en primeira instancia, ademais de copresencial e simultáneo, xa que a exhibición escénica implica necesariamente que o espectador empregue o seu coñecemento do mundo como recurso inmediato desde onde realizar a atribución do sentido. Neste sentido, o signo teatral, como sinalou Jirí Veltrusky, é sempre signo de signo (significa iconicamente outro signo), e de aí que, en segunda instancia, poidan ser estabelecidos procedementos semióticos doutra natureza, coma a simbolización ou a indiciarización.

Debido ao seu carácter esencial con respecto ao signo, a iconicidade do signo escénico é unha propiedade da teatralidade.

 

Relacionado con