Icono – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Icono

Categoría:

Tipo de signo cuxa natureza semiótica se basea na iconicidade. Tamén se denomina signo icónico.

Na tipoloxía sígnica de Charles Peirce, había tres tipos de signos segundo a relación estabelecida entre signo (significante e significado) e referente: índices, símbolos e iconos. Nos índices, a relación é de causalidade; nos símbolos, de arbitrariedade; e nos iconos estabelécese unha relación de semellanza. Por isto, no proceso de atribución de sentido aos iconos, cumprirá detectar os factores de imitación da realidade que realiza o signo, e por iso o icono implica directamente a mímese.

O signo escénico é sempre un icono debido a que forma parte dunha semiose mimética na que a relación entre signo e referente é sempre dupla. O signo escénico é, por isto, signo de signo e, por tanto, imítase sempre a un signo real. O signo icónico é unha das partes consubstanciais á teatralidade.

 

Relacionado con