Causalidade – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Causalidade

Categoría:

Modo de disposición dos acontecementos que constitúen a acción polo cal se amosan como sucedidos por un motivo lóxico, sexa esta lóxica xerada pola orde natural ou pola orde de estruturación dos feitos no argumento.

A causalidade é a estrutura básica pola que, segundo Aristóteles, debe ser organizado o argumento para que a acción sexa unitaria, de xeito que todos os acontecementos son necesarios no relato tráxico e resultan verosímiles segundo as normas xeradas pola fábula. No capítulo VII da súa Poética, Aristóteles estabelece que a estrutura da acción debe ter principio, medio e fin, sendo unha acción completa a que contén esas tres partes que el define aplicando a lóxica da causalidade: “Principio é o que, por lóxica, non segue a outra cousa, mais despois del existe ou xorde de xeito natural unha segunda cousa. Fin é, polo contrario, o que por natureza segue a outra cousa […] pero non precde a ningunha outra. Medio é o que segue a unha cousa e precede a outra.”

O principio de causalidade é, por tanto, a característica fundamental dos argumentos aristotélicos, e a transgresión do mesmo supón un dos fundamentos de correntes antiaristotélicas coma o teatro épico, o teatro da crueldade, o absurdo ou o posdrama.

 

Relacionado con