Disxuntiva ante a cal se atopan os personaxes, especialmente os heroes na traxedia clásica, nunha situación habitualmente climática e na cal se ven obrigados a escoller entre dúas solucións que poden ser equivocadas, ou ambas inaceptábeis, e que reforzan o destino tráxico ou o pathos, sufrimento e infortunio do personaxe.