Éxodo – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Éxodo

Categoría:

Segundo Aristóteles na súa Poética, é unha das partes estruturais da traxedia, canda o prólogo, o episodio e a parte coral. É unha sección totalmente dialogada, que pecha a obra, e o Estaxirita define coma a parte completa que non vai seguida por canto coral ningún pero é dita polo coro ou o corifeo. No éxodo ten lugar o desenlace da obra e a súa ensinanza moral.

Relacionado con