Episodio – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Episodio

Categoría:
  1. Na Poética de Aristóteles, defínese como aquela parte dialogada que se atopa entre cantos completos do coro. Sería unha das catro partes das que se compón a traxedia, xunto co prólogo, o éxodo e o canto do coro.
  2. Trama paralela á principal ou unha das partes das que se compón a intriga dunha obra dramática. Unha obra pode ter unha acción principal e unha ou varias secundarias e, polo tanto, esas poden conformar distintos episodios da acción. Na escrita dramática contemporánea, a fragmentación en distintos episodios presenta cadros arredor do mesmo asunto, das distintas peripecias dos personaxes ou distintos contextos onde se suceden accións que o receptor deberá recompor.

Relacionado con