Ritmo dramatúrxico – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Ritmo dramatúrxico

Categoría:

Recorrencia periódica a intervalos espaciados de recursos vencellados coa construción discursiva do texto dramático.

Afonso Becerra distingue entre ritmo dramático e ritmo dramatúrxico. Este último é, para el, o que se deriva dos mecanismos estritamente discursivos “baseados na similiridade, na repetición, no xeito de distribuír e colocar as secuencias, na presentación continua ou descontinua dos materiais dramáticos, etc.”. Para o autor, por tanto, serán elementos rítmicos todos aqueles repetidos periodicamente e constatábeis dalgún xeito na forma (física) do discurso.

 

 

Relacionado con