Ritmo escénico – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Ritmo escénico

Categoría:

Recorrencia periódica a intervalos espaciados de certos fenómenos escénicos (signos icónicos, recursos audiovisuais, recursos interpretativos, movementos escenográficos, etc.) que van marcando o tempo da posta en escena e que implican a rapidez ou a lentitude. Estas repeticións a intervalos de distintos elementos, ademais, contribúen a captar a atención da persoa espectadora. O ritmo escénico supón tamén a alternancia de momentos de focalización sígnica que contribúen á fixación da atención sobre aspectos de carácter estético ou argumental, e momentos de caída ou val rítmico, que implican a relaxación desa atención, de xeito que se estabelecen os parámetros para a marcaxe da tensión máis alta ou clímax.

 

 

Relacionado con