É aquel sistema teatral que, por ter acadado un certo grao de madurez e desenvolvemento, posúe un funcionamento normal e complexo, con todas as redes de relacións entre os seus factores perfectamente estabelecidas e debidamente mediatizadas polo espazo institucional. Inmaculada López Silva pon como exemplos de sistemas teatrais consolidados o español, o francés ou o portugués.