Mediación – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Mediación

Categoría:

Proceso de intervención nun sistema artístico dado que abarca as tarefas e dinámicas orientadas a poñer en relación a produción e a recepción ou consumo do produto. O espazo institucional é esencial, por tanto, neses procesos de mediación, así coma tamén as actividades vencelladas a distribución e mercado. No sistema teatral, son mediadores todos os elementos institucionais (entidades políticas para a xestión teatral, premios, crítica, ámbito académico, asociacións e entidades representativas), pero tamén os axentes encargados da difusión teatral (redes de distribución, feiras e festivais, programacións específicas…).

Relacionado con