Melodía – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Melodía

Categoría:

Segundo a Poética de Aristóteles, é un dos medios cos que se imita, xunto co ritmo e a palabra, que poden comparecer por separado ou combinados entre si. Para el, a arte aulódica e a citaródica, valeríanse da melodía exclusivamente como fórmula expresiva, mentres que a traxedia e a comedia, así coma o ditirambo e os prantos, empregarían a melodía en combinación co ritmo e a palabra.

Cómpre ter en conta que, en Grecia, o teatro se representaba acompañado do aulós ou frautista, e que as partes musicais e rítmicas eran esenciais na propia estrutura das pezas, vindo determinadas en boa medida pola presenza ou non da melodía.

Relacionado con