Na Poética de Aristóteles, un dos medios da imitación, canda a palabra e o ritmo.
A miúdo emprégase tamén o termo harmonía para referirse á mesma entidade, que Aristóteles, no capítulo I da súa Poética, identifica coa música e que comparece nas artes imitativas, sexa por si soa, sexa combinada con algún dos outros medios. O teatro é a arte imitative na que se combinan os tres medios.