Ditirambo – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Ditirambo

Categoría:

Composición poética ou canto coral da Antiga Grecia. Era unha oda lisonxeira, entusiasta e vivaz, onde o corifeo recitaba composicións, normalmente de forma irregular, acompañado por un coro de ata 50 membros que danzaban e tocaban instrumentos, vestidos de sátiros ou faunos.

Acostuma sinalarse o ditirambo como a manifestación artística precedente do drama, pois dise que coa sofisticación das historias de heroes e fazañas narradas e a evolución do ditirambo con compositores coma Lasos de Hermíone ou Simónides de Ceos, Tespis separou as intervencións dos corifeos das do resto do coro, creando así o diálogo.

De orixe ritual e relixiosa, os sátiros representan ben esa conexión coa fertilidade, o desexo e a natureza na honra do Dionisos ou Baco, pois os faunos acostumaban vestir peles de animais, pelos e fales (falos postizos erectos) nas súas danzas, que podían ir acompañadas do sacrificio dun cabrito.

Relacionado con