Mediación – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Mediación

Categoría:
  1. Nas teorías sistémicas, acción ou conxunto de accións destinada a permitir a participación dos diferentes axentes no sistema artístico en cuestión, neste caso o sistema teatral. Para Even-Zohar son instancias mediadoras tanto a institución coma o mercado. (Vid. Teoría de Sistemas)
  2. Procedemento compositivo vinculado coa narración a través do cal se constrúe unha instancia enunciativa que xera a ficción comunicativa e outorga á diéxese dun suxeito do discurso necesario para que a persoa destinataria salve a fronteira da ficción. (Vid. Narración)

 

Relacionado con