Acontecemento – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Acontecemento

Categoría:
  1. Aquilo que sucede en escena ou na historia dramática organizado en unidades mínimas (coma o episodio, a peripecia ou o incidente) a través da acción e da orde lóxica que vencella entre si cada suceso no marco do argumento.
  2. Vivencia teatral. Representación considerada como fenómeno social que implica un encontro que, como instante irrepetíbel, é para moitos teóricos a esencia do teatro e, por tanto, o seu obxectivo. A indagación estética nesta idea deu lugar a xéneros específicos coma o happening, ou o “teatro invisíbel”.

Relacionado con