Interacción lingüística na que interveñen varias persoas, ou diálogo con máis de dous interlocutores.
É a forma do diálogo habitual en escenas onde están presentes máis de dous personaxes, como acontece, por exemplo, en moitas das escenas da obra escrita e dirixida por Eduardo Alonso en 2006, Imperial Café Cantante.
Polílogo en Imperial café cantante (2006)
Foto: Arquivo Teatro do Noroeste