Apelación – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Apelación

Categoría:

Forma de aparte en que o personaxe rompe a cuarta parede dirixíndose ao público, sexa mantendo ou non a ilusión como tal personaxe dentro do marco ficcional de referencia. É un recurso de especial utilidade no teatro épico, así como en distintas modalidades de teatro político ou de xéneros en que hai unha vontade moralizadora, sobre todo nos epílogos.

Relacionado con