Antropoloxía teatral – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Antropoloxía teatral

Categoría:

Aínda que a súa denominación poida levar a pensar que se trata da disciplina aplicada que poría ao servizo do coñecemento do teatro e a teatralidade as achegas da ciencia antropolóxica (social e cultural), a Antropoloxía Teatral é, en realidade, unha proposta teórico-práctica moi concreta desenvolvida por Eugenio Barba e centrada no estudo das condicións pre-expresivas anteriores á actuación.

Baseándose na observación do traballo de Jerzy Grotowsky a comezos dos anos sesenta do século XX, Barba pescudou a través da súa compañía, o Odin Teatret, nos elementos subxacentes a toda manifestación escénica (teatro-danza), previos a consideracións tradicionais ou culturais, nun traballo en que o aspecto físico e “enerxético” é esencial para transcender a dimensión histórica e cultural concreta.

 

Relacionado con