Biomecánica – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Biomecánica

Categoría:

Método de adestramento actoral desenvolvido por Vsevolod Meierhold que persegue a precisión na execución das ordes dadas desde a dirección escénica. Estudando as características físicas e mecánicas do corpo humano, Meierhold propuxo partituras de movementos que aseguraban a limpeza e economía de medios físicos e, ao tempo, colocaban o foco da interpretación no traballo corporal e xestual. A partir desa idea, Meierhold desenvolveu unha fórmula escénica específica baseada, xustamente, na aplicación da biomecánica como método interpretativo a espectáculos en que actores e actrices exectuaban dicción e movementos plásticos ditados polo director de escena, que era el mesmo. A biomecánica procura o afastamento das técnicas naturalistas de Stanislavski, en que a emoción e a intuición conducen a expresividade da persoa intérprete, para atopar unha fórmula que codifica os xestos e posicións en que se concentra o movemento e a expresividade.

Relacionado con