Signo realizado polo público ao finalizar unha mensaxe exhibida co fin de comunicar de xeito non verbal a súa aprobación. En xeral, realízase mediante o bater de palmas ao unísono, pero hai outras fórmulas auditivas (chascar os dedos índice e polgar, por exemplo, ou golpear a co puño unha superficie dura) ou visuais (o movemento das mans por riba das cabezas ou axitar panos ao ar).