Persoa encargada de asistir á actriz ou actor cando lle esquece o texto, sexa nos ensaios, sexa durante a función.
Antigamente, esa persoa agachábase no proscenio, amparada pola cuncha, e dispuña dun libreto do apuntador, unha sorte de guión que recolle a notación xeral do espectáculo, a través do que ía seguindo a obra e acudindo en axuda das persoas intérpretes.