Oco de indeterminación – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Oco de indeterminación

Categoría:

Termo propio da crítica fenomenolóxica a través do que se define o proceso de decodificación da obra, na que quedarían lugares sen significado que a persoa receptora enchería de contido en virtude do resto de significados. Aínda que este concepto se desenvolveu especialmente para a explicación dos procesos de lectura, resulta interesante aplicalo á recepción escénica, onde a simultaneidade coa emisión, implica procedementos distintos en que o manexo dos ocos de indeterminación é especialmente relevante, como ten sinalado Marco de Marinis.

Relacionado con