Naumaquia – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Naumaquia

Categoría:

Tipo de espectáculo propio da Antiga Roma en que se recreaban batallas navais. Podía realizarse nun espazo natural onde houbese un río, ou anegando un anfiteatro.

A primeira naumaquia da que se ten noticia foi animada por Xulio César no ano 46 a.C., realizando unha piscina de grandes dimensións no Tíber. Foi Nerón o emperador que comezou a realizar estes espectáculos anegando anfiteatros, e sabemos que o Coliseo foi inaugurado cunha naumaquia no ano 80. Os seus elevados custos e a dificultade de adaptación do subsolo de moitos anfiteatros estarían na causa do esmorecemento destes espectáculos.

Relacionado con