Concretización – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Concretización

Categoría:

Procedemento de recepción polo cal se estabelece o sentido da obra a través do proceso de decodificación ou lectura. Desde este punto de vista, a obra escénica ou o texto dramático concretízanse e adquiren unha entidade semioticamente efectiva no momento en que son recibidas polo público ou lidas.

Segundo Roman Ingarden, representante da Estética da Recepción na Escola de Constanza, unha obra non adquire entidade concreta máis que a través do proceso de decodificación ou lectura, que consistiría en dar significado a cada un dos catro estratos en que se articula o texto.

Relacionado con