Comunicación teatral – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Comunicación teatral

Categoría:

Proceso a través do cal se emite un signo para que sexa interpretado pola persoa destinataria a partir das normas e convencións dos procesos de enunciación teatral e a súa correspondente recepción. Desde este punto de vista, existen dous tipos básicos de comunicación teatral, a que ten como signo o texto dramático, caracterizado pola dobre enunciación e recibido a través do proceso de lectura; e o que ten como signo o texto escénico, caracterizado pola enunciación escénica, e a súa correspondente recepción simultánea.

A principal diferenza entre a comunicación escénica e a comunicación dramática radica en que a primeira require a copresencialidade de todos os factores que interveñen no acto comunicativo, e a segunda non, xa que, coma todo acto de escritura/lectura, trátase dun acto de comunicación diferida no tempo. Asemade, o signo na comunicación escénica é icónico, múltiple e simultáneo (vid. Signo escénico) mentres que o signo na comunicación dramática é só un, a palabra como signo lingüístico.

Relacionado con