Prexuízo – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Prexuízo

Categoría:

Literalmente, xuízo previo, ou coñecementos anteriores ao propio acto de recepción que condicionan as fórmulas a través das que a persoa destinataria estabelece o sentido da obra.

Marco de Marinis, na súa reflexión sobre as distintas etapas do proceso de recepción teatral, estabelece un momento inicial sen o cal non tería lugar a propia comunicación que ten que ver co recoñecemento dos prexuízos.

 

Relacionado con