Comezo – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Comezo

Categoría:

Elemento estrutural da intriga situado ao principio da obra que implica a exposición dos elementos constitutivos da trama e mais a presentación dos personaxes. Aristóteles defíneo coma aquilo que causa algo pero non vén causado por nada, indicando así a súa importancia na posta en marcha dos mecanismos do argumento, fundamentalmente a necesidade que xera a orde causal de acontecementos.

Segundo Andrea del Lungo, hai varios tipos de comezo: o inicio ab ovo, implica un argumento que comeza na orixe dos feitos, como por exemplo Venenos, de Xesús Pisón; o inicio in medias res, coma O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca, de Álvaro Cunqueiro), implica o comezo despois da orde lóxica, e in extremas res, moito máis adiante; ademais estaría o inicio imposíbel, fóra da lóxica, como sucede por exemplo en Illa Reunión de Matarile (2006).

Relacionado con